A Xunta advirte de posibles rebordamentos no Landro, Covo e Ouro

Ante a previsión de que se superen os valores de caudal crítico nas concas destes ríos, o Goberno autonómico activa o Plan Especial de Risco de Inundacións en fase de alerta

Ponte de Landrove, sobre o Landro. ADELA NEIRA

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, advertiu este martes de posibles rebordamentos nos ríos Landro, Covo e Ouro, ademais de no Tambre, Eume, Mandeo e Ulla.

Segundo o sistema Artemis de previsión das avenidas, prevese que se superen os valores de caudal crítico nas concas destes ríos nas últimas horas do martes e na madrugada do mércores, “agardándose o enchido dos cauces e algún rebordamento puntual”.

“Cabe sinalar”, expón a Xunta de Galicia, “que o comportamento das concas dos ríos Covo, Eume, Tambre e Ulla está condicionado polas xestións dos correspondentes encoros”. En previsión deste fenómeno, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa o Plan Especial para Risco de Inundacións, en fase de alerta.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here