A CIG alerta de que o persoal de Muebles Hermida padece atrasos de tres meses nos pagos das nóminas

O sindicato asegura que "hai carga de traballo" e atribúe a situación "á mala xestión da dirección", á que pide que "acepte algunha das ofertas de compra que di ter"

Nave de Muebles Hermida. FACEBOOK

Traballadores de Muebles Hermida concentráronse este xoves nas inmediacións da empresa para reclamar que se lles aboen os seus salarios. Segundo expón a CIG a través dun comunicado, os obreiros afrontan “retrasos continuos nos pagos”, pero a situación actual “é desesperada, pois a débeda acada xa os tres meses, que todo parece indicar que en breve serán catro, máis parte dos atrasos do convenio”.

O presidente do comité de empresa, Manolo Franco, asegura que “a situación é dobremente frustrante porque realmente vemos que hai carga de traballo, mesmo contratan xente por Empresas de Traballo Temporal (ETTs) e nos amosan a necesidade de facer horas extras. Pero a mala xestión fai que non se atendan debidamente eses pedidos ou que os erros na producción aumenten considerablemente os custos da mesma”, argumenta.

O sindicalista mostráse crítico coa dirección da empresa, a quen atribúe a situación. “A única opción que vemos é que acepte algunha das ofertas de compra que afirma ter para que esta situación mude”, sostén. Franco entende que “cómpre que tome as rendas alguén que poida asumir as débedas co persoal, que invista en facer o mantemento da maquinaria e faga os cambios necesarios no proceso productivo para facelo rendible”.

A VINDEIRA CONCENTRACIÓN, O 28-N

A concentración, convocada pola CIG, que non obtivo a unanimidade do comité, é a segunda realizada e xa está convocada unha terceira para o vindeiro 28 de novembroEn canto a posibles novas mobilizacións, Franco afirma que “non se descarta nada. Na concentración de hoxe a xente mostrou o seu fartazgo“, polo que a central nacionalista “estuda dar en solitario un paso máis cun novo e máis contundente calendario de protestas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here