IniciosociedadeO BNG critica "o engano" da Xunta sobre o Ceip de Cervo,...

O BNG critica “o engano” da Xunta sobre o Ceip de Cervo, que “non estará listo neste ano escolar”

O voceiro dos nacionalistas cervenses lamenta o estado do colexio dous meses despois do inicio, "sen biblioteca nin ximnasio e con filtracións de auga"

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro do BNG de Cervo, Diego Fernández, criticou este venres nun artigo de opinión as “deficiencias” no Ceip de Cervo por mor de que continúan as obras de reforma dous meses despois do prazo establecido pola Xunta de Galicia para o inicio do curso. “Non hai biblioteca nin ximnasio. O que si segue habendo son filtracións de auga e espazos do colexio que son inaccesibles para o alumnado porque están ocupados co material das obras”, enumera.

O concelleiro nacionalista censura os “folios e folios de mentiras” da Consellería da Educación respecto das actuacións, que “asegurou que garantiría que as aulas estarían listas para que os escolares iniciasen as clases” ou que “os últimos retoques vanse realizar fóra de horario lectivo e non van interferir para nada na actividade escolar”, cando as obras “si se están a realizar” paralelamente ás actividades educativas. Fernández lamenta que “non vai coa Xunta nin co PP o informar debidamente á comunidade escolar e procurar solucións ao problema”.

“Todos sabemos que neste ano escolar aínda non rematarán as obras. Enganaron a todo o mundo”, afirma o edil, que pregunta “para cando a inauguración do colexio”. O concelleiro mostrouse tamén crítico co Concello de Cervo, acusando ao alcalde, Alfonso Villares, de estar “desaparecido do mapa” neste tema, cunha actitude “totalmente censurable”. Podes consultar o artigo completo nesta ligazón. nota (1)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...