IniciosociedadeComeza a reforma das fachadas do edificio antigo do hospital, cun investimento...

Comeza a reforma das fachadas do edificio antigo do hospital, cun investimento de 1,9 millóns

O Sergas destaca que os traballos mellorarán a eficiencia enerxética do inmoble, ademais do illamento acústico e térmico

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a empresa adxudicataria dos traballos asinaron este luns a acta de replanteo coa que se dá inicio ás obras de reforma das fachadas, carpintería exterior e envolventes térmicas do Hospital Público da Mariña. Unhas actuacións que contan cun investimento de 1,9 millóns de euros, co obxectivo, segundo expón a Xunta, de “mellorar e aumentar a eficiencia enerxética” do centro hospitalario mariñao”, ademais de “unificar esteticamente o seu conxunto de edificios”.

As obras, que deron comenzo esta semana, inclúen “a eliminación de pontes térmicas renovando toda fachada do edificio inicial do Hospital da Mariña e substituíndo a súa carpintería exterior e vidros. Deste xeito, non só se mellorará a eficiencia enerxética, senón tamén o illamento térmico e acústico do centro hospitalario”, indica o Sergas.

A adxudicación das obras, cofinanciadas nun 80% polo Programa Operativo FEDER-Galicia, recaeu na empresa OGMIOS.

O Sergas explica que previamente ás actuacións “realizouse unha auditoría enerxética do edificio principal existente para estudar as necesidades de illamento e eficiencia que precisaba”. Os traballos implicarán a substitución da carpintería exterior do edificio inicial, a maioría del de dobre ventá e sen rotura de ponte térmica, por novas carpinterías e vidros de control solar de baixa emisividade, en detrimento dos vidros monolíticos instalados actualmente.

A reforma tamén “suporá a mellora da envolvente térmica (fachadas e cubertas) do edificio inicial do Hospital da Mariña e a eliminación de pontes térmicas. Para iso, implementarase un sistema de illamento térmico exterior para a completa rehabilitación da envolvente, e instalaranse fachadas ventiladas, con placas de formigón polímero”, concreta a Xunta de Galicia.

AMPLIACIÓN

No tocante á segunda fase da ampliación do Hospital da Mariña, o Sergas indica que “a reforma das plantas de hospitalización xa está rematada e séguese a actuar na área de consultas externas“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...