IniciosociedadeActivado o aviso laranxa para este luns na costa lucense

Activado o aviso laranxa para este luns na costa lucense

Agárdase mar combinado con ondas de entre cinco e sete metros

Publicada o

- Advertisement -

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activará durante este luns avisos amarelos por mar combinado de ondas de ata 7 metros nas costas das provincias da Coruña e Lugo. No litoral de Pontevedra, a alerta será amarela.

Segundo información de Aemet, durante a madrugada e as primeiras horas da mañá deste luns a costa coruñesa e A Mariña lucense estarán baixo un aviso amarelo que se agravará e pasará ao nivel laranxa ata a medianoite con ondas de entre 5 e 7 metros.

No litoral pontevedrés, a xornada abrirase cunha normalidade que se converterá nunha alerta amarela en torno ao mediodía. A partir desa hora, haberá mar de fondo con ondas de ata 5 metros.

Toda esta situación de inestabilidade na costa, da que advirte para este luns a Axencia Estatal de Meteoroloxía, poderase prolongar ata as primeiras horas da madrugada do martes.

Así, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) avisa de que se poden producir desbordamentos puntuais pola crecida das mareas, que algunhas embarcacións ou estruturas marítimas poderían ir á deriva e que mobiliario urbano podería ser arrastrado polo mar.

Ante iso, este organismo recomenda afastarse ás praias, paseos marítimos ou diques, amarrar as embarcacións, evitar navegar ou practicar deportes acuáticos e non deterse para sacar fotografías.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...