Foz rende homenaxe aos seus concelleiros nos 40 anos de democracia

Os representantes políticos da veciñanza nas últimas catro décadas recibiron unha insignia en recoñecemento ao seu traballo

Os tres ex rexedores de Foz que asistiron ao evento, á esquerda de Cajoto. AXM

O Concello de Foz celebrou este domingo un acto conmemorativo dos 40 anos de corporacións democráticas no municipio.

Participaron no evento ex rexedores como Martín Beltrán, José María García Rivera ou Javier Jorge Castiñeira, ademais do actual alcalde, o socialista Francisco Cajoto.

Nunha sala Bahía con notable afluencia, ducias de veciños homenaxearon a aquelas persoas que traballaron a través da representación política para mellorar o municipio. Os asistentes que formaron parte das corporacións municipais focenses nestes últimos 40 anos recibiron unha insignia e compartiron un viño galego.

A presentación correu a cargo da escritora, xornalista, e guionista Rosa Castro, natural do municipio. O historiador focego Xoán Ramón Fernández Pacios fixo un importante repaso á historia de Foz, con referencias ao patrimonio e anécdotas de persoeiros do municipio. Cajoto falou da importancia deste tipo de actos para crear concordia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here