Unha gala de Nadal desde Ribadeo será a primeira retransmisión conxunta de TVG e TPA

'Benvidos-Bienllegaos' afondará nos puntos en común entre os dous pobos, con actuacións como as de Rodrigo Cuevas ou Susana Seivane, entre outros

Susana Seivane. AXM

O 25 de decembro TPA (Televisión do Principado de Asturias) e TVG (Televisión de Galicia) celebrarán o Nadal co especial ‘Benvidos-Bienllegaos’, a primeira emisión conxunta realizada polas dúas emisoras autonómicas.

Desde Ribadeo, o presentador galego Arturo Fernández e os asturianos Sonia Fidalgo e Alberto Rodríguez, conducirán unha gala musical que con humor profundará nos puntos en común entre os dous pobos.

Na parte musical o programa centrarase nesta irmandade e viaxará pola zona da ‘raia’ que separa ambas as comunidades, con visitas á aldea asturiana de Abres e á parroquia lucense de Ría de Abres, lugares que aínda que teñen o Eo polo medio case non hai diferenzas.

Rodrigo Cuevas ou Susana Seivane serán algúns dos artistas que participarán na gala. Máis información no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here