A Xunta manterá en 2020 a subvención de 600.000 euros ao centro de menores San Aníbal

O Goberno galego custea as oito prazas do programa de residencia e as 20 de centro de día

Visita ao centro San Aníbal. AXM

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, Amparo González, visitou este xoves os usuarios do centro de menores San Aníbal de Burela no que a Xunta de Galicia inviste 600.000 euros ao ano entre o programa de acollemento residencial e de atención de día. Alí destacou “o importante esforzo” que a entidade Fillas do Divino Celo-Rogacionistas realizan cada día polas nenas e nenos destas instalacións.

González sinalou que este compromiso manterase durante o vindeiro ano 2020 ao contemplar o mesmo investimento na cobertura das oito prazas contratadas na residencia Casa de Familia San Aníbal e nas outras 20 prazas de centro de día.

A representante da Xunta, nunha visita á que tamén asistiu o rexedor de Burela, Alfredo Llano, remarcou “a importancia de que as administracións públicas e as diferentes entidades sociais colaboren para ofrecer aos diferentes colectivos servizos de calidade que contribúan a construír unha sociedade máis xusta”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here