(AMPLIACIÓN) Unha familia do Vicedo pasou máis dunha semana sen luz por un erro da compañía

A empresa distribuidora cortou o subministro eléctrico nunha vivenda equivocada; Naturgy asegura que a orde de corte foi emitida por outra comercializadora

Postes eléctricos | Rede Eléctrica de España (REE)

A Valedora do Pobo iniciou actuación de oficio ante o caso dunha familia do Vicedo que pasou máis dunha semana sen luz logo dun corte eléctrico que realizou por erro a empresa subministradora.

En concreto, trátase dunha familia da parroquia de San Román, que se viu “obrigada a utilizar un grupo electróxeno” por mor dunha equivocación da compañía EDP Reguladora Gas Powwe, S.A, do Grupo Naturgy. A empresa realizou un corte de subministración eléctrica por erro trala petición de resolución do contrato por parte doutros veciños.

Fontes de Naturgy explicaron que esta empresa recibiu en outubro unha solicitude de baixa de contrato dunha familia á que prestaba servizo como comercializadora de electricidade, que distribúe na zona a empresa Begasa. Naquel momento, tramitouse unicamente a baixa dese contrato. No mes de decembro, con todo, Begasa recibiu a orde de cortar a subministración eléctrica a esta familia, unha orde que foi emitida “por outra comercializadora”, e non por Naturgy, dado que xa non constaban como os seus clientes, aseguran.

RECUPERACIÓN DO SUBMINISTRO

A Valedora vincula esta situación con outra comercializadora, EDP Reguladora Gas Powwe, e co citado “erro” na resolución do contrato. Ante isto, indica que, tras contactar con EDP e con Naturgy, “a única solución” achegada á familia era que procedese a solicitar novamente o alta do servizo, a pesar de que este trámite “non podería realizarse” até este martes polo carácter non laborable do luns.

Dende Naturgy sinalaron que a familia se puxo en contacto con eles para reclamar a reinstauración da corrente, xa que crían que aínda eran os seus clientes. Porén, a empresa insiste en que eles non emitiron a orde de corte de subministro.

Ante a situación, a única opción foi a de dar de alta un novo contrato, algo que se fixo efectivo este martes. Ao longo desta xornada, aseveraron, tramitouse coa distribuidora unha “alta de contrato urxente”, coa que esta tarde xa se restableceu a subministración.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here