IniciosociedadeMondoñedo crea o premio Rei das Tartas para proxectos de promoción da...

Mondoñedo crea o premio Rei das Tartas para proxectos de promoción da cidade

O sábado haberá un acto de recoñecemento a Carlos Folgueira polo 25 aniversario da súa morte

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo vén de crear o premio Rei das Tartas, que contará cunha dotación económica de 1.000 euros e que recoñecerá a aquelas persoas que presenten un proxecto de promoción da cidade. Ademais, o gañador ou gañadora recibirá placa e diploma.

O obxectivo do galardón, segundo o goberno local, é “crear embaixadores e embaixadoras de Mondoñedo e dos seus recursos”.

O certame será un dos actos de homenaxe á figura de Carlos Folgueira, o Rei das Tartas, que coinciden co vixésimo quinto aniversario do seu pasamento.

OFRENDA FLORAL

Así, o vindeiro sábado haberá un acto de recoñecemento no salón de plenos, ás 12.30 horas. Logo das intervencións realizarase unha ofrenda floral diante do busto do pasteleiro, na travesía que leva o seu nome.

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, resaltou “o moito que promocionou Carlos Folgueira Mondoñedo, a súa tarta e os seus recursos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...