IniciosociedadeMantoño Holstein, de Barreiros, elixida terceira mellor granxa de España

Mantoño Holstein, de Barreiros, elixida terceira mellor granxa de España

A explotación barreirense mereceu o terceiro posto na listaxe a nivel estatal de Conafe, a agrupación que engloba á confederación de gandeiros de frisona

Publicada o

- Advertisement -

A granxa de Barreiros Mantoño Hosltein foi elixida a terceira mellor do territorio español pola asociación Conafe (Confederación de Asociaciones de Frisona Española), a agrupación que reúne a todas as granxas do Estado e que fixo pública unha lista cos mellores rabaños do país.

Nunha listaxe copada por granxas da provincia de Lugo e Asturias, a explotación barreirense colocouse no podio como terceira mellor de España, con case 87 puntos de media, ademais coa porcentaxe de vacas Ex máis alto de toda España (32%). “Para obter esta cualificación é necesario ter en conta aspectos de manexo dos animais día a día, instalacións con confort e benestar animal, e unha boa xenética en todos os individuos”, salientan desde Mantoño Holstein.

A gañadora foi Baixo Holstein, de Sarria, con 87,18 puntos, e a segunda a asturiana Ganadería Diplomada Badiola, con 87,13. Mantoño Holstein acadou 86,93 puntos.

Listado de Conafe. AXM

“En Mantoño conviven a diario vacas da mais alta xenética descendentes das mellores e máis cotizadas familias, tanto en Europa como no mundo enteiro”, destaca a empresa.

“Nomes como Lavender Ruby Redrose Ex96, Braedale Baler Twine Mb86, Comestar Laurie Sheik Mb88, Krull Broker Elegance Ex96 e moitas outras dabondo coñecidas para os amantes da raza e cuxas fillas, irmás ou netas que alcanzan altos prezos en moitas poxas a nivel mundial, teñen descendentes nesta granxa da Mariña Lucense, en Barreiros“, remarca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...