IniciosociedadeBarreiros estrea o punto limpo móbil municipal, que cambiará cada xoves de...

Barreiros estrea o punto limpo móbil municipal, que cambiará cada xoves de lugar

O percorrido deste vehículo comezou instalándose na pista da festa de Vilamartín Pequeno, onde permanecerá ata 23 de xaneiro, cando se desprazará ata Vilamartín Grande

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de poñer en marcha o servizo de punto limpo móbil, que percorrerá todas as parroquias e distintos lugares do concello para facilitar a reciclaxe de pequenos residuos domésticos a toda a veciñanza.

O percorrido deste vehículo comezou instalándose na pista da festa de Vilamartín Pequeno, onde permanecerá ata o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, cando se desprazará ata Vilamartín Grande. O día 30, colocarase en Gondán.

A alcaldesa, Ana Ermida, xunto con parte do equipo de goberno, desprazouse ata Vilamartín para explicarlle á veciñanza o funcionamento do punto limpo móbil, facilitando material informativo e bolsas reutilizables para fomentar a redución de residuos.

O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que con este servizo “preténdese facilitar a correcta reciclaxe de residuos domésticos, achegando un lugar onde desfacerse deles de xeito correcto sen necesidade de achegarse ata o punto limpo que, lembra, segue abrindo os luns e xoves de 9.00 a 13.00 horas e séguese prestando o servizo de recollida de enseres voluminosos a domicilio, previa solicitude no propio concello.”

Desde o goberno municipal elaboraron un percorrido no que de xoves en xoves o vehículo desprazarase polos distintos lugares, con unha permanencia dunha semana, de xeito que periodicamente repetirá os lugares previstos.

O punto limpo móbil, adquirido con unha subvención da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comeza así un recorrido desde a zona interior do concello por todo o concello que ata xuño se realizará do seguinte xeito, concretando os lugares específicos mensualmente:

  • Do 16/01 ao 23/01: Vilamartín Pequeno
  • Do 23/01 ao 30/01: Vilamartín Grande
  • Do 30/01 ao 06/02: Gondán
  • Do 06/02 ao 13/02: Cabarcos
  • Do 13/02 ao 20/02: Vilamar
  • Do 20/02 ao 27/02: San Xusto
  • Do 27/02 ao 05/03: Morteiro/Val do Caínzo/Ibia
  • Do 05/03 ao 12/03: A Rilleira
  • Do 12/03 ao 18/03: Reinante
  • Do 18/03 ao 26/03: San Miguel
  • Do 26/03 ao 02/04: A Barranca
  • Do 02/04 ao 08/04: Sarxendez
  • Do 08/04 ao 16/04: O Canteiro (Benquerencia)
  • Do 16/04 ao 23/04: Suigrexa (Benquerencia)
  • Do 23/04 ao 30/04: Agolada (Benquerencia)
  • Do 30/04 ao 07/05: Barrionuevo (Benquerencia)
  • Do 07/05 ao 14/05: Remior
  • Do 14/05 ao 21/05: Vilar
  • Do 21/05 ao 28/05: San Cosme
  • Do 28/05 ao 04/06: Celeiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...