Viveiro acollerá o unha xornada de prevención dos incendios domésticos

Bombeiros e Policía Local ofrecerán explicacións teóricas e prácticas para evitar lumes ao longo do inverno en cociñas, chemineas e braseiros

Presentación da xornada. AXM

O Concello de Viveiro presentou este martes unha xornada de prevención dos incendios domésticos, organizada coa colaboración dos Bombeiros de Viveiro e a Policía Local. Será o 4 de febreiro, ás 20.30 horas na sala multiusos do consistorio.

A raíz da proliferación, sobre todo no tempo de inverno, de incendios domésticos en cociñas, chemineas e braseiros, por parte da Policía Científica da Comisaría de Viveiro e do Parque de Bombeiros de Viveiro propúxose á Concellaría de Participación Cidadá a organización dunha serie de charlas sobre a importancia da prevención para evitar este tipo de accidentes.

Cartel da actividade. AXM

“Desde un primeiro momento pareceunos unha gran iniciativa para dar consellos e recomendacións aos nosos veciños, na maior parte das ocasións a clave da seguridade está nunhas boas medidas de prevención”, asegura a alcaldesa, a socialista María Loureiro.

Xunto á alcaldesa e o primeiro teniente de alcalde, Jesús Fernández, presentaron a xornada o subinspector da Comisaría de Viveiro, Javier Comendeiro, e o xefe do Parque de Bombeiros de Viveiro, José Pulleiro, que serán os encargados de impartir esta primeira charla, con explicacións tanto técnicas como prácticas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here