IniciosociedadeMondoñedo creará un servizo de asesoramento para os veciños coidadores de dependentes

Mondoñedo creará un servizo de asesoramento para os veciños coidadores de dependentes

O goberno local quere desenvolver sesións formativas periódicas e unha rede de voluntariado para axudar a sobrelevar o coidado doutras persoas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo porá en marcha un servizo de asesoramento, ‘Coidemos o coidador‘, para aquelas persoas responsables dos cidadáns que precisan respaldo, “sinaladamente aquelas que sofren Alzhéimer. A atención é unha tarefa que require de apoio en distintos ámbitos”, expón o goberno local.

Trátase dunha nova prestación que establecerá o Concello mindoniense co fin de ofrecer “atención especializada” aos responsables principais das persoas que precisan coidados.

O executivo municipal salienta que “é consciente de que o labor de coidar supón un importante esforzo por parte do coidador, debido á necesidade de levar a cabo múltiples tarefas novas que debe integrar na súa vida, pero ademais convértense no eixo central da súa organización diaria. Este aumento de traballo, tanto físico como emocional, provoca na maioría das ocasións un desgaste importante, sendo fundamental intentar que tomen conciencia da necesidade de autocoidarse e de buscar axuda. É, por este motivo, polo que dende a entidade local deciden”, indica a alcaldesa, a popular Elena Candia, “dar un paso adiante e poñer en marcha este asesoramento”.

OBXECTIVOS

Os obxectivos do programa son apoiar e orientar á familia/coidadores tratando de reducir sentimentos de angustia e irritabilidade; axudar á comprensión e aceptación das condutas do enfermo; facilitar a resolución de posibles problemas e/ou conflitos relacionados coa sintomatoloxía; fomentar as relacións sociais e redes de apoio; e orientar en aspectos legais e recursos dispoñibles, en relación ás dificultades laborais e económicas que xorden de xeito paralelo.

SESIÓNS

Neste senso, no marco desta iniciativa como actividades máis inmediatas contémplanse o desenvolvemento de sesións formativas periódicas (de dúas horas de duración, un día ao mes) para os familiares/coidadores; proporcionar información sobre a enfermidade, cun achegamento especializado para coñecer as súas necesidades e situación particular, que serán complementadas coa asistencia ás formacións de profesionais do SAF; posta en marcha dun grupo de voluntariado en Residencia, Centro de Día e Unidade de Alzhéimer; elaboración dunha guía informativa básica para os coidadores e posta en marcha de sesións grupais en relación ás necesidades detectadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...