Ribadeo recibiu a case 5.000 turistas menos en xullo

Visitaron as oficinas municipais máis de 25.000 persoas, polas 30.000 rexistradas no mesmo mes do 2017

As Catedrais. TURISMO.GAL

O Concello de Ribadeo fixo balance do impacto turístico en xullo, un mes no que o número de visitantes que se achegou ás oficinas de turismo municipais descendeu en preto de 5.000 persoas.

Segundo os datos achegados polo goberno local, máis de 25.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo -unha situada na cidade, outra na praia das Catedrais-.

o goberno local atribúe “ao tempo inestable” este descenso

A edil ribadense nesta área, Ana Martínez, sinala que “houbo un descenso no cómputo global de visitantes” con respecto do 2017. No mesmo período do pasado exercicio, o Concello rexistrou 11.194 visitas ao punto de asesoramento da vila e 18.826 ao do areal, para un total de 30.020 viaxeiros que utilizaron os servizos. As Catedrais experimentou daquela un crecemento de 8.000 persoas máis en comparanza có 2016.

o TURISMO POR GRUPOS OFRECEU A NOTA POSITIVA DO MES, CUN INCREMENTO

Na oficina de turismo de Ribadeo recibíronse neste mes de xullo arredor de 10.000 visitas, mentres que nas Catedrais non se chegou ás 16.000. O goberno local atribúe este descenso “ao tempo inestable” que se deu na bisbarra durante o inicio do verán. A ocupación hostaleira foi do 75%.

81 AGRUPACIÓNS

Martínez resalta que, a pesar do descenso global de visitas, hai aspectos a valorar no balance, como que “temos un número moi importante de grupos organizados, que si medrou con respecto a outros anos. Isto era complexo de ver por aquí, e este fenómeno está a ser cada vez máis notable, con 81 agrupacións que solicitaron información”, asegura a concelleira.

BURELA

O Concello de Burela tamén analizou os datos de turismo de xullo. Pasaron polo punto de atención ao visitante 2.000 turistas, tamén unha cifra inferior á de 2017. Unhas 900 persoas visitaron o barco-museo Reina del Carmen. O equipo de goberno achaca tamén estes datos ao clima

NO MUNICIPIO BURELÉS, o roteiro DA LONXA E as xeorutas COMPLETARON PRAZAS TODOS OS DÍAS

Con todo, o goberno local valora outros datos. Os roteiros xeolóxicos e a Ruta da Lonxa completaron as prazas todos os días do mes. “Son actividades moi atractivas para xente que nos visita e tamén para persoas de Burela que nunca viviron estas experiencias”, apunta o edil de turismo, Ramiro Fernández Rey.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here