IniciosociedadeA Deputación dotará de desfibriladores a once concellos da Mariña Lucense

A Deputación dotará de desfibriladores a once concellos da Mariña Lucense

Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro sumáronse ao plan, que incluirá a formación de persoal municipal para usalos

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación vén de aprobar o convenio marco para poñer en marcha un programa a través da cal o goberno provincial dotará de desfibriladores semiautomáticos a 49 concellos de Lugo, entre eles once municipios da Mariña Lucense.

Son, expoñen desde o goberno provincial, todos os Concellos que decidiron sumarse a esta iniciativa, que leva aparellada a formación de persoal municipal para o seu manexo. Ademais, a Deputación custeará o 100% do gasto. Na bisbarra, sumáronse Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, e Viveiro.

O PP CRITICA O ATRASO EN APROBAR O PROXECTO

O Partido Popular (PP) criticou que o goberno provincial tardase “tres anos e medio” en facer efectivo este programa, aprobado nun pleno da Deputación en xullo do 2016.

Podes ler a información completa no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...