IniciosociedadeO BNG de Viveiro reclama a instalación de barreiras de protección na...

O BNG de Viveiro reclama a instalación de barreiras de protección na CP-6502

Insta á Deputación a actuar na vía que une Chavín con Vilalba, "con curvas sen visibilidade e barrancos", na que as talas eliminaron "árbores que facían de contención natural"

Publicada o

A voceira municipal do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, anunciou que vén de remitirlle un escrito á Deputación de Lugo para instar ao goberno provincial a colocar barreiras de protección na estrada de titularidade provincial CP-6502 que atravesa a parroquia viveirense de Chavín e conecta este concello cos concellos de Vilalba, Muras e Ourol.
O Bloque viveirense remarca que se trata dun vial “estreito, de curvas perigosas sen visibilidade, que non conta con beiravías nin arcéns, cun firme en mal estado e intransitable en varios tramos”. Bermúdez engade que “a perigosidade agrávase ao carecer nas súas marxes de elementos de protección para os condutores que circulan por esta estrada na que se atopan con pendentes e barrancos pronunciados en varios puntos do seu trazado”.
Os nacionalistas urxen á Deputación a que leve a cabo a instalación de barreiras de protección nesta estrada de titularidade provincial, na zona coñecida como A Maraleixa, “posto que nas ultimas semanas viñeron facéndose traballos de tala de masa árborea nesta área, onde as árbores que estaban nas marxes da estrada provincial e que servían de elemento natural de contención para os vehículos foron eliminados”. Isto supón “un perigo engadido”, remarcan.

MEDIDAS PARA CICLISTAS E MOTOCICLISTAS

Desde o BNG de Viveiro demandan tamén a renovación e colocación destas barreiras de protección e seguridade “en todos aqueles tramos perigosos” das estradas de titularidade provincial que discurren polo termo municipal de Viveiro (2604, 2610, 3810, 6412, 6601, 6602, 6603, 6604, 6605, 6606, 6607, 6608, 6610, 6611, 6612 e 6613).
Os nacionalistas viveirenses piden que se inclúa “unha barreira de seguridade especial para motoristas e ciclistas co obxecto de reforzar a seguridade destes colectivos vulnerables, axudando a reducir a gravidade das lesións e evitae as posíbeis amputacións ou lesións medulares que podan sufrir en caso de accidente”.

AUDITORÍA DE CALIDADE

Por outra banda, expón o BNG viveirense, que asegura facerse eco “de numerosas queixas recibidas e do malestar da veciñanza polo lamentable estado das estradas de titularidade provincial”, o grupo municipal nacionalista reclama á Deputación unha “auditoría de calidade permanente do estado das estradas (pavimentación, seguridade, trazados, sinalización horizontal e vertical, índices de siniestralidade, ano de execución de obras e actuacións de traballos posteriores de conservación e mantemento en cada unha delas) co obxecto de garantir que as empresas cumpran correctamente co servizo contratado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...