IniciosociedadeTécnicas de enfermería da Mariña manifestáronse en Madrid pola suba da categoría...

Técnicas de enfermería da Mariña manifestáronse en Madrid pola suba da categoría profesional

Conseguiron que o Goberno retirase o borrador de Real Decreto que pretendía reducir as súas competencias a tarefas de limpeza e xestión; reclaman que se lles recoñeza o nivel 3

Publicada o

- Advertisement -

Traballadoras da Mariña Lucense manifestáronse o pasado martes en Madrid nunha protesta que segundo o Sindicato de Técnicos de Enfermería (SAE) reuniu a máis de 6.000 profesionais de Técnicas en Coidados de Enfermería (TCE).

As obreiras saíron de madrugada nun autobús desde o Hospital Público da Mariña, para reclamar ao Goberno central que retirase o borrador do Real Decreto que establecía o título de TCE e os aspectos básicos do seu currículo, relegándoas en competencias a tarefas de limpeza e xestión.

As manifestantes reclaman que se lles recoñeza o nivel 3 -pertencente aos ciclos formativos de grao superior-, pois desde hai anos “padecen un nivel absolutamente desfasado da súa preparación e praxis real”. Finalmente e trala protesta, o Executivo central comprometeuse a retirar o borrador de Real Decreto e a retomar as negociacións cos sindicatos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...