O BNG de Burela denuncia o “gasto sen control” do Concello nas áreas de educación e cultura

Os nacionalistas resaltan que no 2019 houbo 19 informes de intervención tras aprobarse un recoñecemento extraxudicial para pagar facturas por 87.000 euros

Escola de Música de Burela. PÁXINAS GALEGAS

O BNG de Burela criticou este xoves o “gasto sen control” do Concello despois de que se debatese no consistorio un recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar o pago de facturas por importe duns 87.000 euros.
A formación nacionalista sinala que “os informes de intervención obrantes no expediente eran claros en canto á falta de rigor“. O voceiro do partido frontista no municipio, Mario Pillado, expón que no 2019 houbo 19 dossieres deste tipo “e xa son habituais no noso concello nos últimos anos, sempre relacionados coas mesmas áreas, educación e cultura, e sempre no mesmo sentido: gastos sen control e sen consignación orzamentaria suficiente”, indicou.

SERVIZOS EXTERNALIZADOS NA ESCOLA DE MÚSICA

“Agora ademais indícase que parte do servizo da Escola de Música estase prestando de forma indirecta, incumprindo a Lei de Contratos do Sector Público por non existir licitación nin contrato con ningunha empresa, ademáis de vulnerar os estatutos, nos que non se prevé a xestión indirecta da mesma” continuou Pillado.
“Aínda que este tipo de situacións sempre se vinculan coas mesmas áreas de gasto a responsabilidade non se restrinxe só ó titular da mesma senón que o alcalde é o máximo artífice do desastre coas contas”, razoa Pillado, que argumenta que “todo isto vén derivado de non ter aprobada a nova Relación de Postos de Traballo (RPT), pois na existente o que se establece para a Escola de Música non se corresponde co que figura no cadro de persoal dos orzamentos”, sinalou Pillado.
Os nacionalistas abstivéronse, asegura o voceiro da formación frontista, “para que as empresas e autónomos da vila poideran cobrar eses servizos prestados, pero o señor alcalde e o seu grupo teñen que entender que se queren contar co apoio do noso grupo nos diferentes asuntos a tratar van ter que cambiar de forma radical a súa forma de xestionar e proceder, como lles indican os técnicos municipais”, finaliza Pillado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here