Iniciosociedade'Viveiro vai de voda' volverá do 17 ao 19 de abril, "co...

‘Viveiro vai de voda’ volverá do 17 ao 19 de abril, “co mellor” da oferta comercial no sector

Concello e Centro Comercial Histórico abren o prazo de inscrición para os expositores que desexen participar na feira, que na primeira edición recibiu a 10.000 persoas

Publicada o

- Advertisement -

Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) en colaboración co Concello organizará do 17 ao 19 de abril a segunda edición de ‘Viveiro vai de voda’, encontro que reunirá “o mellor da oferta comercial” no sector destas celebracións e doutros eventos análogos como comuñóns ou bautizos, ademais doutro tipo de festas.

‘Viveiro vai de voda’ celebrarase na carpa situada no lateral da Igrexa de San Francisco, na avenida de Cervantes de Viveiro, espazo utilizado habitualmente pola Xunta de Confrarías viveirense para instalar “Antesala dun Museo” da Semana Santa. A primeira edición do evento, remarca a organización, “resultou un éxito, dado que o recinto feiral, con case 1.000 metros cadrados, recibiu máis de 10.000 visitantes“.

ACTIVIDADES PARALELAS E UN DESFILE

A feira, que contará con actividades paralelas, como talleres e demostracións, inaugurarase o venres 17 de abril e permanecerá aberta ata o domingo 19, xornada na que se celebrará un desfile e farase entrega do premio ao mellor stand.

TODOS OS SECTORES

A carpa poderá acoller arredor de 40 expositores, coa intención de abranguer todos os sectores comerciais relacionados con este tipo de eventos: restaurantesmoda nupcial e de festa, fotógrafos, invitacións, xoias, peiteados, maquillaxe, música, viaxes, flores, detalles para os convidados ou wedding planners. Concentraranse así nun único espazo un importante número de provedores.

Os negocios interesados en participar pódense inscribir a través da web www.viveirovaidevoda.com. O prazo está aberto ata completar o espazo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...