O Ribadeo Indiano, protagonista o sábado no ‘Aquí Galicia’ da TVG

A rúa San Roque, a Torre dos Moreno ou o porto brillarán no programa da canle autonómica

Gravación do programa. AXM

Acisa e Concello farán promoción do Ribadeo Indiano o vindeiro sábado, 29 de febreiro, no programa ‘Aquí Galicia‘ da TVG.

A rúa San Roque coas súas casas indianas, o parque de San Francisco coa Torre dos Moreno ou o porto de Ribadeo son algúns dos enclaves que poderán ver os espectadores da Televisión de Galicia neste programa, que está previsto que se emita desde as 16.30 horas.

Neves Paz, técnica de Cultura do Concello; Jesús Pérez, xerente de Acisa; e Carmen Cruzado, membro da directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, falarán do carácter histórico deste evento, das vestimentas e das actividades desenvolvidas os últimos anos. E aproveitarán para convidar a todas as galegas e os galegos a achegarse á vila do 10 ao 12 de xullo de 2020 para vivir de preto a sétima edición do Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here