IniciosociedadeO Ceip Gregorio Sanz, premiado a nivel autonómico por favorecer a inclusión

O Ceip Gregorio Sanz, premiado a nivel autonómico por favorecer a inclusión

A aprendizaxe de linguaxe de signos ou prácticas para que todo o alumnado desfrute dos recreos valéronlle ao centro ribadense un accésit nun certame da Xunta

Publicada o

- Advertisement -

O Ceip Gregorio Sanz de Ribadeo resultou premiado na primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, cos que a Xunta de Galicia recoñece o traballo neste eido de oito centros educativos de toda Galicia nas dúas modalidades convocadas, a dirixida a centros de Infantil e Primaria, e a dirixida a centros de ESO, Bacharelato e FP Básica.

O proxecto premiado do centro educativo ribadense, que recibiu o accésit na modalidade de Infantil e Primaria, desenvolve accións que fomentan que todo o alumnado xogue nos tempos de lecer, favorecendo a igualdade de oportunidades e incrementando a responsabilidade e tolerancia a través da figura dos superdinamizadores e das superdinamizadoras (os propios escolares) e con outras accións que teñen por finalidade sensibilizar, visibilizar e normalizar a realidade do centro. Entre elas figura que o alumnado aprenda a lingua de signos española.

PREMIADOS

Na categoría A, de centros de Infantil e Primaria, o primeiro premio foi para o Ceip Luís Seoane de Oleiros (A Coruña); mentres que na categoría B, de Secundaria, foi para  o IES Manuel Murguía de Arteixo (A Coruña).

Na modalidade de Infantil e Primaria o resto dos galardóns recaeron no Cep Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal (A Coruña), que obtivo o 2º premio; no Cep de Quiroga (Lugo), co terceiro premio; e cun accésit para o Ceip Gregorio Sanz.

Na modalidade de Secundaria o resto dos galardóns foron para o IES Montecelo (Pontevedra), co 2º premio; para a EPAPU de Monterroso (Lugo) co 3º premio; e o accésit para o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

DOTACIÓN DE 18.000 EUROS

A Consellería de Educación instaurou este premio, asegurou a través dun comunicado, “como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes”.

O premio está dotado cunha contía total de 18.000 euros a razón de 5.000, 2.500, 1.000 e 500 euros respectivamente para o primeiro, segundo e terceiro premio e para o accésit en cada unha das categorías establecidas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...