IniciosociedadeViveiro reclama á Xunta que cubra as vacantes de tres médicos no...

Viveiro reclama á Xunta que cubra as vacantes de tres médicos no centro de saúde

O Sergas comprometeuse co Concello a "estudar" medidas para paliar a carencia de persoal no ambulatorio, co déficil de dous facultativos en quenda de mañá e un na de tarde

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, xunto co primeiro tenente de alcalde, Suso Fernández, mantiveron o pasado mércores unha reunión “cordial e desexamos que frutífera” con Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, e Rafael Sánchez, director de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na provincia, para falar “da situación real na que se atopa o centro de saúde“.

“A reunión foi fructífera porque escoitou as nosas demandas e prometeu estudalas de forma inmediata na busca de solucións aos problemas de saturación que ten o centro”, afirma Loureiro.

“Queremos que a Xunta cubra as vacantes que hai agora mesmo no centro de saúde, dúas de mañá e unha de tarde, de forma estable, aínda que Sanidade asegura que é complicado a día de hoxe atopar facultativos de longa duración”, explica.

“Hai outros problemas en servizos determinados, como o de fisioterapia, o que provoca listas de espera de meses para rehabilitación en Viveiro, e esperamos que a reunión de hoxe sirva de algo e se solucione a curto prazo”, engade a alcaldesa.

A reunión de hoxe derivaba da solicitude feita por carta pola alcaldesa no mes de xaneiro polas carencias de persoal detectadas xa desde hai tempo no centro de saúde, o que provocou bastantes protestas dos usuarios. “Tamén puxemos enriba da mesa a necesidade de reforzar os servizos médicos en épocas de moita afluencia de persoas, como a Semana Santa ou o Resurrection Fest”, remata Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...