IniciosociedadeO BNG propón medicalizar o albergue xuvenil de Area para acoller illamentos

O BNG propón medicalizar o albergue xuvenil de Area para acoller illamentos

A formación frontista cre que se trata "dunha opción viable" despois de que a Xunta manifestase a súa intención de habilitar hoteis

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Viveiro anunciou este xoves que reclamará a Xunta de Galicia que habilite e medicalice o albergue xuvenil de Area en caso de ser necesario para acoller a pacientes de coronavirus en situación leve e con necesidade de illamento.

O vindeiro venres terá lugar unha reunión de voceiros no salón de plenos da Casa do Concello, á que asistirán os voceiros dos grupos políticos con representación municipal, a secretaria Municipal, Xefe da Policía Local e o Xefe de Protección Civil, co fin de realizar un balance das medidas adoptadas con respecto á situación de emerxencia sanitaria e estado de alarma.

Despois que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxera a súa intención de medicalizar hoteis en caso de ser preciso, a formación frontista “considera como opción viable en Viveiro a de habilitar e medicalizar o albergue xuvenil de Area”, de titularidade do Goberno galego, “de ser posible nas vindeiras datas debido ao gran incremento previsto de afectados polo Covid-19“.

PIDE EXIMIR Á VECIÑANZA DE COTAS POR SERVIZOS MUNICIPAIS NON PRESTADOS, COMO A PISCINA

O grupo municipal nacionalista proporá tamén “a creación dunha comisión técnica para o estudo dunha posible moratoria de pago aos autónomxs e veciñanza máis castigada pola crise do coronavirus,  daqueles impostos locais que van vencer próximamente e/ou a devolución/paralización das cotas pagadas ou a punto de vencer por servizos municipais que non se poden prestar pola crise sanitaria, como é o da piscina municipal”.

Finalmente, o Bloque viveirense solicitará “ao equipo de goberno información nos dous centros de maiores ubicados no termo municipal de Viveiro, as residencias de Betania e DomusVi, acerca das medidas de prevención que teñen posto en marcha nos mesmos relacionadas coa seguridade de usuarias e traballadoras, así como acerca dos procedementos de actuación que estos centros teñen planificados de cara a un primeiro caso de infección dos residentes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...