IniciosociedadeA provincia roza os cen casos de coronavirus, con dous ingresados no...

A provincia roza os cen casos de coronavirus, con dous ingresados no Hospital da Mariña

Un deles permanece desde hai días na UCI e outro está en hospitalización

Publicada o

- Advertisement -
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.598, deles 389 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 186 da de Ourense, 202 da de Pontevedra, 396 da área de Vigo, 288 da de Santiago, e 38 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 69 permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 409 están en unidades de hospitalización e 1.120 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 25 altas de pacientes e 30 mortes. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns de 82 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que tiñan patoloxías previas; e a outro home de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tamén tiña patoloxías previas.

No tocante á área de Lugo, hai seis na UCI (un deles no Hospital Público da Mariña), 21 en hospitalización (dous deles no centro hospitalario de Burela) e 72 en domicilio.

O número de probas de reacción en cadea da polimerasa (PCR) realizadas en Galicia é de 7.936. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...