Vestas para a produción, o que afectará a uns 150 obreiros

A empresa estuda dispor "servizos mínimos" en Viveiro para atender os pedidos, que en calquera caso precisarán "dun número moi reducido" de obreiros

Celebración do 20 aniversario de Vestas en Viveiro. AXM

EFE. A multinacional Vestas informou da paralización completa das actividades na fábrica de xeradores eólicos e paneles de control que ten no municipio lucense de Viveiro, como consecuencia das novas medidas adoptadas polo Goberno para tratar de frear a expansión do coronavirus.

Segundo informou a empresa nun comunicado, “a fábrica de Viveiro preparouse durante o luns -30 de marzo- para unha parada completa das súas actividades”, de modo que quedou “pechada desde onte ás 22.00 horas ata o próximo domingo 12 de abril, unha vez pasada a Semana Santa“.

Aquelas persoas que xa estaban realizando o seu traballo desde a casa continuarán facendo mesmo, mentres que o resto do persoal, formado por máis de 150 traballadores, “estará de permiso retribuido recuperable de acordo co establecido no Real Decreto 10/2020”.

“Estamos analizando e coordinando a entrega de compoñentes á fábrica e mañá teremos máis información acerca de se necesitamos uns servizos mínimos que requirirán a presenza dun moi reducido número de traballadores“, informa a propia empresa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here