As clases a distancia evidencian a fenda dixital: “o 80% do alumnado ten Internet, pero e o outro 20%?”

Dáse por suposto que todos os nenos e nenas contan cun ordenador e wifi nas súas casas, pero a realidade é outra distinta

Aula do Ceip de Cervo. ANPA

A pandemia do coronavirus mudouno practicamente todo nas últimas semanas. Unha das primeiras medidas que se tomaron para frear a súa expansión afectou ao ensino. O 12 de marzo a Xunta ordenaba o peche dos centros educativos por un período provisional de quince díasque finalmente se prolongaron por mor do decreto de estado de alarmaAulas baleiras e alumnado e profesorado recluído nas súas casas. O ensino vía telemática presentábase como unha opción para non abandonar a actividade lectiva. Mais funciona realmente?

Dáse por suposto que todos os nenos e nenas contan cun ordenador e wifi nas súas casas, pero a realidade é outra distinta. “Hai casos nos que os alumnos non teñen ordenador. Poucos, pero hainos. Noutras casas ao mellor si que o teñen, pero se cadra é para compartir entre os pais que teletraballan e os rapaces que estudan. Arredor do 80% do alumnado ten conexión a Internet, pero non podemos deixar descolgado o outro 20%”, lembran as Anpas. Podes consultar nesta ligazón a información completa de Lugo Xornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here