IniciosociedadeDiario de corentena: 'Héroes en zapatillas'

Diario de corentena: ‘Héroes en zapatillas’

Estes días lin unha reflexión interesante sobre como o debuxo, a educación física e maila música, consideradas "Marías" na educación, son as que nos alivian na corentena

Publicada o

- Advertisement -

Músicos de Ribadeo veñen de quitar ‘Héroes en zapatillas‘, un videoclip dunha canción colectiva que compuxeron entre todos desde as súas casas, nestes días de confinamento por mor do coronavirus.

“Esta é a nosa pequena homenaxe ás persoas que se foron e ás que evitan que outros se vaian, ás que saen por nosoutr@s e ás que se quedan na casa”, explican.

Máis ou menos identifícoos a todos, pero ao único que coñezo persoalmente é a Fillo García, o baixista, de Mallory e Remakers. Coma o seu irmán Fran, un apaixonado da música, ambos sempre con boa disposición para tocar en calquera lado e sempre metidos nalgo, nalgo positivo.

PEDALEAR NA COCIÑA

Estes días vin unha reflexión que circula por redes que me pareceu interesante. Viña a dicir que o debuxo, a educación física e maila música, as materias que se soen considerar “Marías” no sistema educativo -as supostamente máis doadas e menos relevantes- son as que nos están a axudar a pasar a corentena. Non fai falta pensalo moito para darse conta: un amigo co que hoxe mesmo chateei por whatsapp -mellor era un viño, si- está a publicar nas redes os seus debuxos. Outro manda unha foto: arreglouse para poder pedalear un rato na bici desde a cociña. Eu tiro de Spotify ou de Youtube.

Ás veces temos de menos as cousas relevantes. “Nos falta aire, vamos a aprender / que lo que amamos lo podemos perder”, di a letra de ‘Héroes en Zapatillas’, e tamén “tenles confianza / a los seres que te guardan / están velando por ti”.

E pouco máis fai falta saber, só que a música, neste mundo noso de calculadoras, ten sempre unhas palabras e unha melodía a man. Para cando faga falta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...