Estabilidade nas residencias da Mariña, nas que non se documentan novos casos

No Valadouro están pendentes das probas realizadas á totalidade do persoal, 42, e usuarios, 93

Desinfección en Mirador del Eo. AXM

O reconto do Servizo Galego de Saúde (Sergas) documenta once positivos na Mariña Lucense, aínda que segundo as direccións dos xeriátricos da bisbarra non se produciron casos novos ao longo dos últimos días.

A estatística oficial ofrecida ao mediodía deste luns rexistra un terceiro caso de coronavirus entre os usuarios da vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, de Ribadeo. Segundo aclaran desde a dirección do centro, os tres positivos foron documentados xa semanas atrás. Dúas persoas foron diagnosticadas o pasado 25 de marzo, unha delas recibindo a alta do Hospital Público da Mariña, e un maior o 8 de abril, cando se realizaron tests a todos os residentes. Estes tres doentes foron sometidos a análises días atrás malia ter pasado o período de corentena preceptivo, pero deron de novo positivo, polo que continuarán en illamento outros 13 días máis.

De feito, segundo a directora do centro, as outras dúas persoas deron negativo e recibiron a alta.

A Xunta de Galicia tamén conta un caso entre os residentes do xeriátrico Santa María, no Valadouro. Fontes da Fundación San Rosendo aseguran que se trata dunha muller que despois de dar positivo nun test xa ten PCR negativa, polo que está curada.

O pasado domingo realizáronse análises a todos os traballadores (42) e usuarios (93) do centro, polo que esperan resultados nos vindeiros días.

Tres residentes e unha traballadora da residencia de Cervo permanecen infectadas; tamén, os tres usuarios mencionados de Mirador del Eo, un dos cales recibiu a alta do Hospital Público da Mariña; un maior de Betania, en Viveiro, contraeu igualmente o virus. En Burela documentáronse dous positivos, ambos entre o persoal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here