IniciosociedadeA tripulación do Carla, que segue confinada en Burela, someterase ás probas...

A tripulación do Carla, que segue confinada en Burela, someterase ás probas este luns

Os traballadores cumpriron finalmente coa corentena no propio palangreiro e o armador agarda saber despois das análises "se poderemos marchar ou non"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Os tripulantes do Carla, o palangreiro francés que permanece en corentena no porto de Burela, volverán ser sometidos este luns, 27 de abril, ás probas de coronavirus, para saber se finalmente poderán irse, indicou a Efe o armador do buque, José Martínez.

Os traballadores cumpriron finalmente co confinamento no barco, lugar no que están confinados porque así o preferiron” eles mesmos e porque tampouco se lles deu un sitio”, sinala a mesma fonte.

Sanidade Exterior, a autoridade que intervén, prohibiulles saír a pescar e decretou para eles unha corentena que finaliza mañá, despois de que un dos integrantes da tripulación, de Avilés, dese positivo.

Así as cousas, este organismo comunicoulles o pasado venres, por teléfono, que acudirían este luns a realizarlles probas a todos. “E despois non sabemos o que vai pasar, se nos deixaran irnos xa ou non”, sostén o armador.

A medida de illamento adoptouse porque un deles deu positivo por coronavirus nun test realizado o 23 de marzo, aínda que despois, nunha segunda proba, unha PCR, todos eles arroxaron un resultado negativo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...