IniciosociedadeCatro pacientes, un menos ca no anterior reconto, fican ingresados por coronavirus...

Catro pacientes, un menos ca no anterior reconto, fican ingresados por coronavirus na Mariña

Dous permanecen na Uci, cifra que non varía desde o 13 de abril, e outros dous en planta

Publicada o

- Advertisement -

A presión hospitalaria por coronavirus segue a minguar no Hospital Público da Mariña, onde permanecen ingresados catro pacientes con positivo, un menos respecto aos documentados o pasado domingo, segundo o reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O número de casos na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do centro hospitalario de Burela mantense en dous, cifra que segue estable desde o pasado 13 de abril, cando se deron dúas altas na zona de críticos. En planta hai un paciente con coronavirus menos có pasado domingo, para un total de dous.

No tocante aos casos activos na provincia, o número detectado é idéntico ao do último reconto, 662. Deles, hai sete en unidades de críticos -os outros cinco no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)- e 24 en hospitalización -dous na Mariña, dez no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-. Monforte a día de hoxe segue a rexistrar cero ingresos por Covid-19. En domicilio hai documentados 631 positivos.

Na provincia de Lugo faleceron 26 persoas a causa da pandemia -cinco na Mariña- e curáronse 129 pacientes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...