O ‘Diario de corentena’ torna agora nun ‘Diario de desescalada’, un camiño de volta cara a esa nova normalidade da que tanto nos falan e que aínda ninguén é capaz de se imaxinar. Pedro Sánchez anunciou que esa situación non se alcanzará ata finais do mes da sega. De aquí a aló, agárdanos un plan de transición en catro fases e un millón de preguntas.
Os avances virán dados segundo o noso comportamento colectivo, claro. Non queremos dar un paso en falso. Nin tampouco fóra da provincia, seica. E é que o presidente do Goberno dixo que a mobilidade interprovincial quedará restrinxida ata que se alcance esa nova normalidade por completo. Díxoo hoxe. Pasado mañá que sei eu. O caso é que os de Friol van poder ir a Negueira de Muñiz, pero non a Toques ou a Sobrado dos Monxes. O Marco das Pías toma o control, señoras.
As redes sociais fervían con este tema, sen entender que realidade sanitaria tan distinta podería haber entre Palas de Rei e Melide, entre Sober e Parada de Sil, entre O Vicedo e Mañón, para prohibir os desprazamentos entre uns e outros sitios. Preme abaixo para ler unha nova entrega da serie de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.