IniciosociedadeFalece no seu domicilio da provincia un home de 69 anos diagnosticado...

Falece no seu domicilio da provincia un home de 69 anos diagnosticado de coronavirus

Trátase da vixésimo sétima vítima mortal que causa a pandemia na área lucense; o Sergas non concreta de que localidade é o falecido

Publicada o

- Advertisement -

Tres persoas que foron diagnosticadas por coronavirus faleceron na tarde deste mércores, segundo fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son un home de 92 anos que estaba ingresado no CHUF; unha muller de 95 anos que estaban ingresados no CHUO; e un home de 69 anos da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, que faleceu no seu domicilio.

Todos eles tiñan patoloxías previas, segundo expuxo o Sergas, que non concreta en que localidade da provincia de Lugo se produciu este último falecemento referido.

Trátase da vixésimo sétima vítima mortal que causa a pandemia na provincia. A última morte dunha persoa positiva na área lucense foi o pasado 21 de abril. No tocante a Galicia, faleceron xa un total de 585 persoas por mor do virus.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...