IniciosociedadeA Xunta, que culpa ao Goberno de frustrar as visitas nas residencias,...

A Xunta, que culpa ao Goberno de frustrar as visitas nas residencias, enviou o domingo o último protocolo

Feijóo anunciou o venres que os familiares poderían acceder o vindeiro luns aos centros de maiores; os xeriátricos cren necesaria unha adaptación de "alomenos dez días"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia enviou na mañá deste domingo, un día antes do anunciado comezo das visitas nas residencias, o último borrador do protocolo de actuación para organizar a entrada dos familiares. As direccións dos xeriátricos da Mariña Lucense advertiran o pasado venres, horas despois de anunciar a apertura o presidente do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que non estaban preparadas para canalizar o acceso dos parentes ante a necesidade de adaptar os servizos e reforzar a seguridade para evitar contaxios.

O responsable do Executivo galego responsabilizou ao Goberno central de frustrar esta medida, ao non autorizala ata a fase 2 do plan de desescalada, pero ao longo dos últimos días a Consellería de Política Social non especificou en ningún momento aos directores que centros de maiores se poderían acoller a esta posibilidade (uns 80 na provincia de Lugo). De feito, enteráronse pola prensa desta cuestión e recibiron a primeira comunicación oficial na madrugada do sábado.

IMPOSIBLE ABRIR O LUNS

Desde a residencia de Foz explican que, antes de iniciar a desescalada de cara ao exterior, “nós aínda estamos facendo o desconfinamento dentro, baixando a xente da primeira planta, non imos meter as familias sen ter organizado dentro. Estamos estudando como facer as cousas, tal e como temos o persoal e os usuarios, sería imposible abrir o luns, cometeriamos erros”, sinala a directora, Fátima Fernández.

“Hai que concertar citas, ter unha sala acondicionada, desinfectar entre visita e visita, controlar que non houbese contacto físico mediante un xericultor, controlar que os familiares poñan adecuadamente os equipos de protección individual (EPIs), lavar as mans, poñer a máscara, comprobar os agasallos que poidan traer… É o dobre de traballo e precisariamos uns dez días para adaptarnos”, enumera. “Ningunha familia nos está presionando para poder visitar aos familiares”, engade.

REQUISITOS

En Foz, segundo o protocolo de Política Social, dáse unha das condicións estipuladas pola Xunta, a de non ter negativos nos últimos 15 días. A outra é que o municipio no que se atopan teña “tres ou menos” novos casos por cada cen mil habitantes. Unha cuestión sobre a que o Goberno autonómico é opaco, porque non facilita datos da nivel municipal.

Juan Navia, responsable da residencia da Pontenova, considera que “abrir é precipitado, creo que ninguén se atrevería. Para nós calquera contaxio sería volver atrás. Cada residencia terá, á parte do protocolo da Xunta, que estudar as súas propias medidas; nós pensamos en ter unha mampara para manter a distancia social e evitando o contacto, por exemplo, ou teremos que habilitar unha sala para facelo”, salienta.

O director da vivenda comunitaria de Vilaoudriz admite que non se consultou a decisión cos responsables dos centros de maiores, o que considera necesario polas características de cada centro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...