IniciosociedadeO número de positivos na provincia descendeu nun 53,4% nunha semana

O número de positivos na provincia descendeu nun 53,4% nunha semana

Segundo o reconto do Sergas, non hai ingresados a causa da pandemia no Hospital Público da Mariña e documéntase un único caso activo nunha residencia, en Mirador del Eo

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a descender. Segundo o reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas), ofrecido no mediodía deste luns, contabilízanse 75 positivos na área lucense, dous menos ca onte e 86 menos có pasado luns. Deste xeito, e sempre acorde coa estatística da Consellería de Sanidade, as persoas contaxiadas caeron un 53,4% no prazo dunha semana.

Destes 75 pacientes, non hai doentes no Hospital Público da Mariña. Os únicos catro ingresados permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Os outros 71 permanecen illados nos domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 27 mortes a causa da pandemia, cinco delas na Mariña Lucense. Déronse 825 altas.

607 MORTES EN GALICIA, CON 1.171 INFECTADOS

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.171, deles 276 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 207 da de Ourense, 57 da de Pontevedra, 339 da área de Vigo, 182 da de Santiago, e 35 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 permanecen en Uci, 93 están en unidades de hospitalización e 1.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.204 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 126.758.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da bisbarra, o Sergas documenta un único positivo, o dun usuario da vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...