O Goberno retoma o arranxo da N-642, que prevé rematar en xuño

As obras de rehabilitación do firme afectarán a varios tramos dos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela e Cervo

Obras na N-642. AXM

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou esta mañá de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana retomou hoxe as obras de rehabilitación estrutural do firme na estrada N-642, que vertebra o litoral da comarca da Mariña Lucense.

A rehabilitación estrutural do firme que está en execución supón un investimento de case dous millóns de euros e as obras afectan a varios treitos da vía, que discorre polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela e Cervo. Concretamente, o proxecto de mellora execútase en algo máis de 20 quilómetros da estrada, entre os puntos quilométricos 26+950 ao 28+800 e do 36+500 ao 55+000.

DÚAS REPARACIÓNS XA NO 2018

Estas obras consisten na substitución do firme actual por unha capa de rodadura de alta adherencia. As obras comezaron en 2019, contan con un presuposto de 1,966.484 euros, e está previsto que rematen no mes de xuño.

A vía padeceu un grave deterioro nos últimos anos. De feito, o Goberno xa realizou dúas reparacións urxentes desde 2018, coa realización obras de emerxencia para mellorar o firme en distintos treitos da vía, proxectos nos que o Goberno investiu 1.523.866 euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here