IniciosociedadeDiario da desescalada: os sons da fase 1

Diario da desescalada: os sons da fase 1

Había máis coches! Vin unha perruquería improvisada baixo dunha pendella! Había, tamén, máscaras de xente que tiña ganas de reencontrarse cos seus pero que temía levarlles o bicho

Publicada o

- Advertisement -

A fase 1 soa forte e alegre, polo  ̶e̶s̶c̶o̶i̶t̶a̶d̶o̶ visto. Comezou o luns 11 de maio, pero non foi ata este sábado e domingo que se comezou a notar máis por estes lares. Fillas e fillos, irmáns, sobriños… aproveitaron os días libres e a posibilidade de desprazarse pola provincia e reunirse nas casas para ir ver a aqueles que tanto estrañaran durante este longo par de meses.

Había máis coches! Bulía a xente nas airas! Vin unha perruquería improvisada baixo dunha pendella! Había, tamén, máscaras de xente precavida que tiña ganas de reencontrarse cos seus pero que temía levarlles o bicho“Non te me achegues!”, dicía un parente seguidiño. “Aló en Lugo non é coma aquí, aló hai máis xente. E non se sabe quen o ten”.

Agora sentímonos falar preto e soamos todos máis contentos.

Preme abaixo para ler completa a nova entrega do Diario de Desescalada, de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña.

Diario da desescalada: o son alegre da fase 1

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...