Diario da desescalada: pasaron dous meses e parece que sucedeu hai anos

Este, con bo tempo e a recuperación de certa liberdade de movementos, é un bo momento para botar a vista atrás e reflexionar sobre o que vivimos

Familia saíndo de paseo en Burela. FUNDACIÓN TIC

Este é un bo momento para botar a vista atrás e reflexionar sobre o que pasou. Co bo tempo e a recuperación de certa liberdade de movementos, o corpo e a mente queren saír e gozar. Que lonxe parecen agora o “Resistiré”, os aplausos masivos para o persoal sanitario, o estremecemento que sentiamos cando o número de mortos e contaxiados aumentaba cada día… Só pasaron dous meses e parece que sucedeu hai anos.

Polo de agora, ben. As primeiras semanas de desescalada están deixando ver unha actitude moito máis cívica do que se viviu noutras partes. Así, gardar cola no supermercado xa se converteu nalgo asumido por todos sen maiores complicacións. As terrazas de bares e restaurantes deixan unha sensación agridoce. Por un lado alegra volvelas ver abertas e con xente pero por outro queda esa mágoa de ollar o interior baleiro e a distancia social que hai que gardar onde antes se socializaba.  Mais é o que toca se non queremos pasar todo o verán na casa.

Preme abaixo para ler enteira a nova entrega do Diario da Desescalada, de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

Diario de desescalada: O cumprimento das normas sanitarias apoderouse das nosas vidas

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here