O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable, segundo o reconto oficial ofrecido polo Sergas na mañá deste luns. A estatística contabiliza un total de 58 positivos, os mesmos ca onte. O Hospital Público da Mariña segue sen recibir ingresos de infectados polo virus.

Os únicos catro hospitalizados por mor da pandemia permanecen no HULA, dous deles en planta e outros dous na Uci. O Sergas computa 54 casos en domicilio, os mesmos có pasado domingo.

No histórico da provincia, contabilízanse 27 falecementos, cinco deles na Mariña, ademais da morte dun varón que ingresou polo virus e que pereceu na Uci de Burela malia superar a doenza. Déronse 859 altas.

854 INFECTADOS EN GALICIA