O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo mantense estable por terceiro día consecutivo, segundo o reconto oficial ofrecido polo Sergas este martes. A estatística contabiliza 58 positivos.

Non hai ingresados con coronavirus no Hospital Público da Mariña. Os únicos catro hospitalizados a causa da pandemia na área lucense son dous pacientes que se atopan na Uci do HULA e outros dous en planta. Permanecen illados en domicilio 54 doentes.

No histórico da provincia, o Sergas contabiliza 27 falecementos a causa da pandemia, cinco deles na Mariña. Unha sexta persoa faleceu na Uci de Burela tras ingresar por coronavirus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 859 altas.

​834 INFECTADOS EN GALICIA