IniciosociedadeOs positivos na provincia baixan a 54 tras tres días de estabilidade

Os positivos na provincia baixan a 54 tras tres días de estabilidade

O Hospital Público da Mariña permanece sen ingresados por coronavirus e tampouco se documentan casos nas residencias da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia baixou despois de tres días de estabilidade, segundo o reconto oficial do Sergas. A estatística ofrecida ao mediodía deste mércores recolle un total de 58 positivos, polos 54 contabilizados o pasado martes. O Hospital Público da Mariña segue sen ingresados.

Os únicos catro hospitalizados con coronavirus na área lucense, segundo os datos do Sergas, fican no HULA, dous deles na Uci e outros dous en planta. Esta cifra non varía desde onte.

No tocante aos pacientes en domicilio, o Sergas documenta 50 casos, catro menos que o pasado martes. No histórico, 27 persoas faleceron na provincia a causa da pandemia, cinco deles na Mariña, ademais dun varón que morreu na Uci de Burela despois de ingresar pola doenza e superala no seu período na unidade de críticos. Déronse 866 altas.

615 FALECEMENTOS EN GALICIA E 823 INFECTADOS

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 823, deles 205 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 107 da de Ourense, 38 da de Pontevedra, 254 da área de Vigo, 143 da de Santiago e 22 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, cinco permanecen en Uci, 49 están en unidades de hospitalización e 769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.798 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos. O número de PCR realizadas é de 137.544.

RESIDENCIAS

Malia que o cómputo do Sergas contabiliza un maior infectado na residencia Mirador del Eo, este usuario recibiu xa a alta o pasado luns tras dar negativo no test.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...