IniciosociedadeA Xunta dá marcha atrás na reapertura das escolas infantís e anuncia...

A Xunta dá marcha atrás na reapertura das escolas infantís e anuncia compensacións económicas

Feijóo asegurara hai un mes que poñería en marcha as garderías; recúa tras consultar con pediatras e médicos

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de GaliciaAlberto Núñez Feijóo, deu finalmente marcha atrás na súa idea de reabrir as garderías, como anunciara hai un mes, e confirmou que as escolas infantís de entre 0 e 3 anos non reabrirán ata o curso que vén -do mesmo xeito que os centros de día e ocupacionais-. Para paliar esta decisión, anunciou un paquete de medidas de conciliación dotado de 40 millóns de euros.

Feijóo xustificou a súa medida tras consultar coa comunidade pediátrica e médica e dixo que “había discrepancias entre os pediatras” e que é “imposible” manter a distancia física nestes colectivos, polo que habería máis riscos na apertura. Os mesmos argumentos que utilizou o Goberno central no seu día para non reabrir as garderías.

O paquete de medidas anunciado inclúe un ‘bono coidado’ extraordinario que a Xunta aspira a que chegue a 36.000 familias e que permitirá contar cunha axuda mensual de 500 euros ata que en setembro se reabran os centros. Entre os requisitos para acceder ao mesmo, os proxenitores deberán traballar fóra de casa e os ingresos non poderán superar os 806 euros por cada membro da unidade familiar. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...