Reconto do sábado: sete positivos menos na provincia, para un total de 44

Non hai ingresados pola pandemia no Hospital Público da Mariña nin se detectan casos nas residencias da bisbarra

Hospital Público da Mariña. PLATAFORMA

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a minguar, segundo o reconto oficial ofrecido este sábado polo Sergas. Son 44 os infectados pola doenza, sete menos ca onte, e o Hospital Público da Mariña segue sen ingresados con positivo; tampouco se documentan persoas enfermas do virus nas residencias da bisbarra.

No tocante á hospitalización, os únicos tres ingresados a causa da pandemia permanecen no HULA, un na Uci e dous en hospitalización. Hai 41 pacientes illados en domicilio.

No histórico da provincia, o Sergas documenta 27 falecementos por mor da pandemia, cinco deles na Mariña; unha sexta persoa morreu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a enfermidade no seu período na unidade de críticos. Déronse 877 altas.

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 749, deles 170 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 82 da de Ourense, 29 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 136 da de Santiago, e 19 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en Uci, 36 están en unidades de hospitalización e 710 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.936 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos. O número de PCR realizadas é de 141.331.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here