IniciosociedadeO PSOE critica que a Xunta destina "o 60%" dos fondos do...

O PSOE critica que a Xunta destina “o 60%” dos fondos do Aprol Rural aos concellos onde goberna o PP

Os socialistas censuran "o reparto caciquil" das axudas da Xunta, con 1,4 millóns de orzamento; os conservadores din que o Goberno autonómico as concede "con criterios obxectivos"

Publicada o

- Advertisement -

PSdeG-PSOE e PP polemizaron este venres polas achegas do programa Aprol Rural 2020. Os socialistas acusaron á Xunta de Galicia de concretar un reparto dos fondos “caciquil” e “clientelar“, dado que “ser do partido conservador é o requisito que máis puntúa”, mentres que os conservadores aseguraron que existen “criterios obxectivos” para a asignación das subvencións.

A secretaria provincial dos socialistas na provincia de Lugo, Patricia Otero, asegurou que a convocatoria do programa, cun orzamento de 1,4 millóns de euros a través do que se contrararán 101 desempregados en 63 concellos, “favorece de xeito descarado aos municipios gobernados polo PP, xa que reciben máis puntuación por formar parte da Xunta a través do proxecto Doing Business. Non entendemos como o PP obriga aos gobernos locais a estar inscrito nun proxecto para recibir unha subvención, xa que deben primar por riba de todo os criterios obxectivos e as necesidades de cada vila”, advertiu.

“DISCRIMINACIÓN” EN CANTO A POBOACIÓN E O ORZAMENTO

Otero asegurou que neste tipo de achegas “o modelo a seguir” é o Plan Único da Deputación de Lugo, que distribúe os fondos en función de superficie, extensión territorial e taxa de envellecemento.

A secretaria provincial socialista tirou de cifras: “os municipios onde non goberna o PP na provincia, 33, cunha poboación que ten 133.973 lucenses, terán un total de 37 traballadores financiados; pola contra, onde si gobernan os conservadores, 30 concellos onde residen 87.143 lucenses, custearanse 64 empregados“.

No que se refire ao orzamento adicado a este proxecto “constatase claramente o reparto clientelar destes fondos públicos”, aseguran os socialistas. “Dos 1,4 millóns de euros que se investirán, 852.000 serán para os 30 gobernos locais do PP; o 60,95% dos cartos, o 39,05% recibirano os municipios onde non están os populares no poder”.

Otero estivo acompañada no Valadouro polo alcalde, Edmundo Maseda; e tamén polos rexedores de Alfoz, Jorge Val; Lourenzá, Rocío López; Ourol, Jose Luís Pajón; A Pontenova, Darío Campos Conde, e Trabada, Mayra García Bermudez, ademais de pola candidata socialista Rosana Rielo.

MEDIDA “ELECTORALISTA”

Maseda criticou que “o anuncio desta convocatoria fíxose público no mes de xuño, cando na pasada anualidade foi en outubro; nótase que estamos en campaña electoral”, censurou.

Tamén aludiu as bases do programa: “a Xunta obriga a realizar o procedemento destas contratacións neste mesmo mes de xuño, cando xa están feitas as planificacións. Por iso quero lembrar que na propia convocatoria non constaban estes requisitos, xa que os Concellos temos por lei, autonomía local para poder decidir a xestión e a organización dos mesmos. Feijóo e o PP queren que nos saltemos todos os procesos para poder cumprir esta normativa”, apuntou.

O PP: “O MUNICIPIO MÁIS BENEFICIADO É MONFORTE, GOBERNADO POLO PSOE”

O PP lucense saíu ao paso das críticas dos alcaldes socialistas, asegurando que o reparto das axudas “responde a criterios obxectivos”. Neste sentido, argumentan os conservadores que “todos os concellos socilitantes reciben o apoio da Xunta” e que “o municipio máis beneficiado da provincia é precisamente Monforte de Lemos, un municipio gobernado polo PSOE, que gozará da contía máxima -55.000 euros- para realizar catro contratacións”.

Respecto dos criterios da concesión das subvencións, o Partido Popular esgrime que “a Xunta prima, por este orde de preferencia, os concellos fusionados, aqueles que forman parte do programa autonómico de Municipios Emprendedores (Doing Business) e, reciben axuda preferentemente e ata esgotar o orzamento dispoñible, aqueles que teñen maior superficie forestal conforme o establecido no inventario forestal nacional”.

Os conservadores cualificaron de “ridícula” a protesta dos rexedores socialistas, que consideran “instigada” por Otero.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...