Política Social pide suspender as visitas en todas as residencias da Mariña

Os xeriátricos de Ribadeo e Trabada, da rede da Deputación de Lugo, pecharon xa as súas portas e tamén o fixo o centro de maiores de Foz

Residencia de Foz. AXM

As autoridades sanitarias pediron ás residencias de maiores da Mariña Lucense que suspendan as visitas, saídas e ingresos tralo brote de coronavirus detectado na comarca, no que deron positivo xa 14 persoas, aínda que ningunha delas residente deste tipo de centros.

Fontes da Consellería de Política Social indicaron que non hai ningún caso nas residencias e que a medida das autoridades médicas adóptase por prevención e para comprobar o alcance do brote, relacionado co municipio de Xove. O Concello de Ribadeo xa informara do peche do xeriátrico e mailo asilo de Ribadeo e a Deputación de Lugo confirmou que tampouco se permitirán visitas no de Trabada. Así mesmo, o centro de maiores de Foz adoptou a mesma medida.

COMO MÍNIMO ATA LUNS

A petición afecta a todo tipo de centros, calquera que sexa a súa titularidade, e manterase mentres se trata de determinar o alcance do foco e en función da evolución do mesmo, aínda que en principio fixouse como horizonte temporal o luns.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here