Castropol lanza unha aplicación para coñecer o aforo nas praias

A app estará dispoñible desde este mércores para que os usuarios poidan comprobar a ocupación dos areais en tempo real e evitar aglomeracións

Praia de Peñarronda. WIKIPEDIA

O Concello de Castropol, en colaboración coa empresa CTIC, desenvolveu a aplicación Play.as Castropol, que servirá aos usuarios das praias de Arnao e Peñarronda para saber o aforo nos mencionados areais. Estará dispoñible a partir do 1 de xullo e manterase en funcionamento durante todo o verán.

Poderase acceder de forma gratuíta a esta ferramenta desde a páxina principal da web www.castropol.es e desde calquera dispositivo móbil, ofrecendo a posibilidade de consultar a ocupación das praias, previsión meteorolóxica, estado das mareas, así como as recomendacións de uso dos areais de Arnao e Penarronda.

“Queremos destacar a importancia deste dispositivo tecnolóxico para facilitar a adaptación dos bañistas á nova normalidade, previr aglomeracións nas praias e pola súa eficiencia á hora de ofrecer información útil sen necesidade de desprazarse ao destino elixido”, resalta o goberno municipal de Castropol.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here