IniciosociedadeA Mariña inicia o peche con 128 casos detectados no brote, dos...

A Mariña inicia o peche con 128 casos detectados no brote, dos que nove recibiron a alta

O Sergas detectou un total de 22 novos positivos, todos "relacionados" co foco de coronavirus da Mariña central; catro persoas con Covid-19 permanecen ingresadas en Burela

Publicada o

- Advertisement -

O número de infectados por coronavirus do brote da Mariña continúa en aumento. Segundo a Consellería de Sanidade, que inclúe no seu reconto “as probas realizadas ata esta mañá”, confírmanse outros 22 casos activos de persoas afectadas por Covid-19 no foco da comarca, o que eleva de 106 a 128 o número total de positivos detectados. Destas 128 persoas, nove teñen a alta, polo que a bisbarra comeza o peche de cinco días decretado pola Xunta de Galicia, a fin de conter a pandemia, con 119 infectados.

Dos 119 casos activos a maioría “son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, expón Sanidade, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Catro destas persoas están ingresadas en planta no Hospital Público da Mariña e “a súa evolución é favorable”, segundo o Sergas.

UNS 800 CONFINADOS

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai “arredor de 800″ persoas confinadas na Mariña, segundo concreta o Sergas.

Segundo expuxo o xerente da área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte, Ramón Ares, os “22 casos novos” detectados teñen todos “relación directa” co brote, polo que o Sergas seguirá “coa estratexia” da “busca activa de casos e de análise dos contactos, o máis precozmente posible, para cortar a cadea de transmisión”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...