IniciosociedadeRalentízase o incremento dos positivos na Mariña, con 121 casos, pero aumentan...

Ralentízase o incremento dos positivos na Mariña, con 121 casos, pero aumentan os ingresos

O Sergas detectou 131 infectados, dos que dez recibiron a alta; aos catro pacientes hospitalizados en Burela súmanse outros dous sobre os que se "estuda" a vinculación co brote

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade anunciou este martes que, segundo as probas realizadas ata esta mañá, confírmanse outros tres casos positivos de persoas afectadas por coronavirus no brote da Mariña, para un total de 131 afectados, dos que dez recibiron a alta, segundo os datos oficiais do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Deste xeito, documéntanse 121 casos activos.

Destes 121 doentes, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve” e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días, expón o Sergas.

Malia que o progresivo incremento dos casos arrefriou tras varias xornadas con aumentos significativos, o número de ingresados con Covid-19 no Hospital Público da Mariña ascende a seis pacientes, todos en planta. O Sergas concreta que catro persoas con resultado positivo “e relacionadas co brote” están hospitalizadas en Burela, ademais doutras dúas sobre as que “se investiga” a súa vinculación co foco de coronavirus localizado na Mariña.

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio.

O primeiro caso de infección por Covid-19 detectouse o martes 23 de xuño, nun núcleo familiar de Xove.

XOVE, BURELA E FOZ CONCENTRAN 108 DOS 121 CASOS

Segundo expuxo este martes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tres municipios da Mariña –Burela, Foz e Xove-, dos catorce que compoñen a comarca, concentran 108 dos 121 casos activos polo brote de Covid-19. Noutros seis concellos, que non mencionou, “hai 13 casos en total e nos cinco restantes non hai ningún”.

Feijóo cifrou o número de persoas en seguimento en 942, con 279 que “xa concluíron este período”.

Deste xeito, suxeriu “abrir parte da Mariña” e realizar “un peche máis selectivo” da comarca, que permanece illada -con accesos e saídas restrixindas en 14 de 16 municipios- desde o pasado luns.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...