InicioEconomíaO Goberno lanza un "ultimátum" dunha semana a Alcoa para que se...

O Goberno lanza un “ultimátum” dunha semana a Alcoa para que se “comprometa” ou acepte unha venda

O Executivo liga un prezo enerxético estable a un plan de viabilidade e fala dun investidor interesado; o comité alerta de que se acaba o tempo e convoca unha 'caceirolada'

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/EFE. O Goberno estase “empregando a fondo” nunha solución viable para a única fábrica de aluminio primario que queda en España, sinalou este martes o secretario xeral de Industria e Peme, Raül Blanco, trala reunión telemática mantenida co comité de empresa de Alcoa San Cibrao con motivo do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) -con 534 obreiros afectados na factoría e outros 400 en empresas auxiliares- que a multinacional quere aplicar na súa planta da Mariña, comarca confinada por un brote de coronavirus.

Durante este encontro, informou o Ministerio nun comunicado, Blanco reafirmou que hai un proxecto industrial e enerxético e instou a Alcoa a buscar unha solución alternativa ao ERE, que debe pasar por evitar tanto os despedimentos como o peche das instalacións.

BLANCO INSTA A SINDICATOS E ADMINISTRACIÓNS A “UNIR FORZAS”

“O que hai que facer é unir forzas, institucións, sindicatos, para esixir unha resposta a Alcoa”, subliñou Blanco, que recordou así mesmo as medidas adoptadas polo Goberno para apoiar á industria electrointensiva, tales como o recentemente aprobado Fondo de Garantía para Entidades Electrointensivas con 600 millóns de investimento en tres anos, un instrumento que vai permitir garantir “un prezo estable e mellorar a competitividade da industria”.

O ESTATUTO, “NAS PRÓXIMAS SEMANAS”

Nas próximas semanas, insistiu, vai quedar regulado o Estatuto do Consumidor Electrointensivo, un documento comprometido polo Executivo estatal desde hai máis un ano e medio.

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao informou de que o Goberno “suscitoulle á empresa un ultimátum“, co prazo “dunha semana“, para que “recapacite e ceda á venda” da planta. Preguntado se o Executivo central se comprometeu, no caso de que Alcoa non dea marcha atrás, a intervir a planta, o presidente do organismo de representación dos traballadores, José Antonio Zan, afirmou que Blanco “non concretou” cal será a resposta do Estado.

Segundo o comité de empresa, o Goberno comunicoulles que hai “un investidor industrial do sector do aluminio” interesado na compra.

Este órgano especifica, separadamente, no seu escrito, que o “Goberno comprométese”, en base ao estatuto e cun socio enerxético, a “poñer un prezo competitivo, de entre 25 e 35 euros por MW/h“, sempre “ligado a un plan de viabilidade industrial a dez anos“.

O GOBERNO DESVINCULA DE NOVO O CONFLITO LABORAL DA ENERXÍA

A ministra de Industria, Reyes Maroto, expuxo que “esperamos poder dar paso a un investidor industrial, que podería ser unha solución que garanta as capacidades produtivas e de emprego (…) salvo que Alcoa dea sinais de compromiso coa comarca e poidamos traballar no plan industrial que fai poucas semanas presentamos“, reiterou.

Maroto argumentou que “o problema” para a dirección de Alcoa “non é de prezo enerxético”, pois de feito nestes momentos “a factura está moi por baixo” das necesidades para garantir a viabilidade da planta.

XUNTA E GOBERNO PEDIRÁN A ALCOA QUE PARE O ERE

Do mesmo xeito que o Ministerio, o comité apunta que o Executivo que preside Pedro Sánchez comprometeuse a solicitar públicamente a paralización do ERE, “apoiando así a solicitude presentada no día de onte pola Consellería de Economía, Emprego e Industria” da Xunta.

En declaracións a EFE, o presidente do comité, José Antonio Zan, asegura que se trata de “un paso máis”, pero tamén recorda que “cada vez queda menos tempo”.

Malia a situación sanitaria provocada polo brote de Covid-19 na Mariña, con 121 casos activos, Zan indicou que a empresa negouse a paralizar o ERE a petición do comité.

Agora, xa que logo, espera que si faga caso a unha petición formulada “polo Goberno de España e a Xunta de Galicia”, que son “dúas autoridades laborais“, conclúe.

ESTE MARTES, PROTESTA DESDE AS VENTÁS

Malia que as restriccións ao movemento das persoas e ás reunións -cun máximo permitido de dez persoas non convivintes por grupo- os traballadores seguen co seu calendario de protestas para reclamar unha solución que garanta o mantemento da produción e dos postos de traballo.

Convocatoria do comité. AXM

Así, convidan á veciñanza da Mariña Lucense a participar dunha ‘caceirolada‘ este martes, a partir das 22.00 horas, cada quen nos seus balcóns e ventás, unha protesta que se repetirá diariamente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...