Feijóo proporá este venres aos técnicos abrir “a maior parte” dos municipios da Mariña

O presidente da Xunta afirma que nos últimos dez días non se detectou "ningún caso" en nove dos 14 concellos pechados polo brote de coronavirus

Alberto Núñez Feijóo. GC

EFE. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves que levará mañá venres ao comité clínico a proposta para levantar as restriccións á mobilidade “na maior parte” dos 14 municipios que conforman o distrito sanitario da Mariña, de modo que únicamente seguiría afectado “Burela e algún máis”.

Trala reunión semanal do Executivo autonómico, Núñez Feijóo indicou que en nove municipios non se detectou ningún caso de coronavirus nos últimos dez días, mentres que dos cinco restantes, o de Burela é o que concentra o maior número de casos totais, con case o “80 por cento“.

AS RESTRICCIÓNS DE AFORO E OS LÍMITES ÁS REUNIÓNS CONTINUARÍAN “OUTROS CINCO DÍAS”

Na reunión de mañá, indicou Núñez Feijóo, a Xunta, tras analizar os resultados das PCR que se poidan producir hoxe, proporá tamén manter “por motivos de prudencia” e durante outros cinco días a obrigatoriedade de levar máscara e as restriccións de aforo, ademais dos límites á reunión de persoas, nos catorce municipios do distrito sanitario da Mariña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here